Transporte directo

 

Principal Novidades Productos Onde estamos Area do Socio

  Principal
Principal Comentarios Contido Buscar

 

[En construcción]

Principal
Novidades
Productos
Onde estamos
Area do Socio

Benvidos ao noso espazo Web que é unha prolongación do noso traballo diario e interese por dar máis e mellor información aos nosos clientes e colaboradores.

COFETRA S.C.G. é unha cooperativa de transportistas fundada en 1987, inscrita no Rexistro Xeral de Cooperativas de Galicia desde 2004. 

Está composta por 18 socios transportistas autónomos (17 homes e 1 muller), agrupando unha flota de 26 vehículos trailer tauliner, que realizan a actividade de transporte de mercadorías por estrada, no ámbito nacional e internacional.

O labor fundamental da cooperativa é a comercialización do transporte para os vehículos propiedade dos seus socios, isto é, a captación de cargas. Así, en 2011 atinxiuse unha cifra de negocio de case medio millón de euros. A tipoloxía da mercadoría transportada é carga xeral.

COFETRA ten en propiedade dúas naves situadas no Polígono da Gándara de Ferrol e mais en Miño, que permiten á cooperativa ofrecer o servizo de almacenaxe da mercadoría dos clientes, e que están dotadas tanto de depósito con surtidor de carburante.

Este é outro servizo importante que a cooperativa ofrece aos seus socios: o aforro nos seus custos de explotación. O gasóleo é o custo principal na actividade do transportista, e COFETRA compra directamente combustible ás principais petroleiras, conseguindo así uns excelentes prezos na compra do carburante para os seus socios.

Outro eido que é de especial preocupación para COFETRA é a formación dos seus socios. Neste sentido, nos últimos anos tense desenvolvido na cooperativa diversas accións formativas dirixidas aos nosos profesionais do transporte en diferentes materias: dirección e xestión de cooperativas, capacitación de transporte, formación en mercadorías perigosas, certificado de aptitude profesional, manexo de carretillas elevadoras, etc.


Obxetivos da compañía

COFETRA é unha organización empresarial comprometida coa mellora continua do servizo que presta aos seus clientes nas certificacións de calidade ISO 9001 e de medio ambiente ISO 1400 así como cada un dos seus Socios.

Continuaremos mellorando este espazo para conseguir que sexa un punto de interese para todos. Moitas grazas e un saúdo. Grupo Cofetra.


Perfil da compañía

Transporte, almacenaxe e distribución son as actividades que desenvolvemos dende hai máis de 25 anos. Aquí mostramos os nosos datos e a nosa filosofía de traballo.

O transporte de mercadorías por estrada de Galicia é un sector cunha elevada atomización, composto fundamentalmente por autónomos, que na maior parte dos casos desenvolven a súa actividade profesional subidos no seu camión. Neste contexto, emerxe a figura da cooperativa de transportistas como organización empresarial que agrupa a estes autónomos, prestándolles unha serie de servizos que son indispensables para o desenvolvemento da súa actividade profesional: comercialización do transporte, consecución de condicións vantaxosas na compra de carburante, novos vehículos, neumáticos, seguros e outros subministros.

Por tanto, a cooperativa de transportistas é unha cooperativa de servizos, que presta servizos aos seus socios, fundalmentalmente co obxectivo de incrementar a súa competitividade como autónomos, é dicir, microempresas, dentro dun mercado liberalizado como o do transporte por estrada ata o punto de que a súa actividade profesional sexa viable e rentable.

A cooperativa de transportistas agrupa a persoas físicas fundalmentalmente ou inclusive xurídicas, titulares de vehículos e de autorizacións de transporte público de mercadorías por estrada.

Un dos nosos clientes máis esixentes: ¡ Cofetra destaca pola súa profesionalidade, o bo trato de todo o seu persoal. Cumpren moi ben cos servizos acordados e con moita puntualidade.!!

Formado por profesionais do sector, logramos un equipo de traballo co fin do bo servizo. Trato directo que procura aos nosos clientes unha información puntual do estado dos seus envíos.

CARACERÍSTICAS XERAIS DAS COOPERATIVAS

1)      As cooperativas baséanse nos seguintes principios:

A.      Adhesión aberta, libre e voluntaria.

B.      Xestión democrática por parte dos socios: un socio, un voto.

C.      Participación equitativa dos socios no capital social.

D.     Xestión autónoma e independente sen inxerencias doutros organismos.

E.      Compromiso coa comunidade, colaborando no desenvolvemento da sociedade.

F.       Cooperación entre cooperativas en proxectos comúns.

G.     Fomento da formación dos socios para o avance da cooperativa.

 2)      Teñen carácter mercantil, xa que desenvolven unha actividade económica empresarial e se lle esixen requisitos semellantes ao resto de sociedades mercantís. O depósito de contas anuais e a legalización dos libros sociais son levados a cabo polo rexistrador mercantil. De feito, permítese a transformación de sociedades limitadas en cooperativas e viceversa.

3)      Teñen ánimo de lucro, pois a sociedade cooperativa e, ante todo, unha empresa, e como calquera empresa emprega factores de producción, aplica regras de xestión empresarial e asume os riscos da actividade económica.

4)      É unha entidade da economía social, é dicir, prima o beneficio social sobre o individual e foméntase a participación democrática nos organismos de decisión. 

COMO FACERSE SOCIO DE COFETRA

Se desexas incorporarte a COFETRA como socio de pleno dereito, deberás seguir os seguintes pasos:

1º)  Cumprir coa condición previa de ser transportista, isto é, ser titular dunha autorización administrativa de transporte público de mercadorías por estrada, co seu correspondente vehículo ou vehículos, que deberá ser trailer tipo tauliner de masa máxima autorizada 40 toneladas.

2º)  Coñecer e aceptar os Estatutos sociais vixentes da cooperativa e mais o Regulamento de Réxime Interno.

3º)  Formalizar por escrito a solicitude de alta na cooperativa, cubrindo o correspondente impreso de solicitude de alta dirixido a Xunta Reitora.

4º)  En caso de ser aceptada a alta pola Xunta Reitora da cooperativa, subscribir a correspondente aportación de capital.

 


Información de contacto

Teléfono
981783385
Fax
981783387
Dirección postal
Viadeiro, s/n, 15630 Miño - A Coruña (España)
Correo electrónico
Información general: cofetra@cofetra.com
Ventas:
Soporte al cliente:
Administrador del Web: david@cofetra.com

 

[ Principal ] Novidades ] Productos ] Onde estamos ] Area do Socio ]

Envíe unha mensaxe a  david@cofetra.com con preguntas ou comentarios sobre este sitio Web.
Copyright © 2012 COFETRA Sociedade Cooperativa Galega (Transporte de Mercancias por Estrada)
Creado por:

Financiado por: